sábado, 12 de abril de 2008

FS Cadete: Ferroviario 4 - San Clodio 4

Moi mala sorte tivo esta mañá o equipo Cadete de Fútbol Sala, que se xogaba fronte o equipo de San Clodio gran parte das súas posibilidades de proclamarse campión de liga.
Nun partido no que os rapaces do Ferroviario saíron totalmente motivados, a presión do equipo local comezou cedo a dar os seus frutos en forma de goles, e axiña o equipo do Ferroviario se colocaba por diante do marcador.
Por outra banda, o equipo de San Clodio non atopaba a maneira de progresar co balón controlado, e continuamente se topaban co muro defensivo local.
Foron innumerables as ocasións de gol de que dispuxeron os locais, pero non foron capaces de materiazalas, e iso costou caro ao final do partido. Incluso Adrián Sanjorge, quen non tivo o seu mellor día, permitiuse o luxo de errar un penalti, xa que o balón petou nos dous postes e acabou fora da meta.
A falta de 7 minutos para o final do partido, o Ferroviario aínda gañaba por 4 goles a 2, pero os nervos finais foron determinantes, pois un contrataque ben levado polo equipo de San Clodio, e un doble penalti bastante rigoroso, serviulle ao equipo de San Clodio para amarrar un punto da súa visita a terras monfortinas, e afrontar as últimas dúas xornadas como líder en solitario da clasificación.
Adrián Carrasco con 3 goles, e César Vila, moi serio en defensa, e sumándose moi ben ao ataque, foron os mellores xogadores locais.
Polo equipo de San Clodio, hai que destacar o traballo do seu porteiro, contra o que constantemente se estrelaron os xogadores locais.

domingo, 6 de abril de 2008

Atletismo en pista. I Proba Clasificatoria


Primeira proba clasificatoria para o Campionato Provincial de Atletismo en pista disputado en Lugo na mañá do 20 de Abril.
Os nosos representantes, Hugo Pérez Madarnás e Andrea Bocanegra, que debutaban na competición, trouxeron para Monforte dous meritorios terceiros postos que os clasifican automaticamente para o campionato provincial.

1000 metros lisos masculino
Na primeira proba con representación do Colexio Ferroviario, Hugo Pérez Madarnás acadou a 3ª praza, tras adiantar de forma maxistral o corredor que nese momento ía terceiro, cando unicamente quedaban 200 metros para o final.





1000 metros lisos feminino
Emocionantísima a carreira de 1000 metros de Andrea Bocanegra, que comezou en cabeza dende o pistolezo de saída, e se mantivo nesa posición durante os primeiros 400 metros.
andrea sale mil

Xa na segunda volta, o cansanzo comezou a facer o seu efecto, e Andrea foi perdendo posicións e baixando o seu ritmo.
O máis emocionante da carreira chegou a falta de 300 metros para o final, momento no que a corredora que nese momento marchaba 4ª, se acercaba perigosamente a Andrea. Sacando forzas de fraqueza, Andrea aumentou de forma excepcional o seu ritmo, e non o baixou ata a liña de meta, asegurando desta forma o 3º posto e a clasificación para a final provincial


60 metros lisos masculino




60 metros lisos feminino