sábado, 12 de abril de 2008

FS Cadete: Ferroviario 4 - San Clodio 4

Moi mala sorte tivo esta mañá o equipo Cadete de Fútbol Sala, que se xogaba fronte o equipo de San Clodio gran parte das súas posibilidades de proclamarse campión de liga.
Nun partido no que os rapaces do Ferroviario saíron totalmente motivados, a presión do equipo local comezou cedo a dar os seus frutos en forma de goles, e axiña o equipo do Ferroviario se colocaba por diante do marcador.
Por outra banda, o equipo de San Clodio non atopaba a maneira de progresar co balón controlado, e continuamente se topaban co muro defensivo local.
Foron innumerables as ocasións de gol de que dispuxeron os locais, pero non foron capaces de materiazalas, e iso costou caro ao final do partido. Incluso Adrián Sanjorge, quen non tivo o seu mellor día, permitiuse o luxo de errar un penalti, xa que o balón petou nos dous postes e acabou fora da meta.
A falta de 7 minutos para o final do partido, o Ferroviario aínda gañaba por 4 goles a 2, pero os nervos finais foron determinantes, pois un contrataque ben levado polo equipo de San Clodio, e un doble penalti bastante rigoroso, serviulle ao equipo de San Clodio para amarrar un punto da súa visita a terras monfortinas, e afrontar as últimas dúas xornadas como líder en solitario da clasificación.
Adrián Carrasco con 3 goles, e César Vila, moi serio en defensa, e sumándose moi ben ao ataque, foron os mellores xogadores locais.
Polo equipo de San Clodio, hai que destacar o traballo do seu porteiro, contra o que constantemente se estrelaron os xogadores locais.

No hay comentarios: