sábado, 10 de mayo de 2008

Atletismo en Pista. Final Provincial

Fenomenal actuación de Hugo Pérez Madarnás na proba final do campionato Provincial de Atletismo en pista, celebrado hoxe en Lugo.

Debido á lesión de Andrea Bocanegra, Hugo Pérez foi o único representante do Colexio Ferroviario nesta proba, e conseguiu unha moi meritoria medalla de bronce na proba de 1000 metros lisos.










Hai que destacar tamén a súa actuación na proba dos 60 metros lisos, na que acabou no quinto posto

Atletismo en pista. II Proba Clasificatoria


Unicamente Andrea Bocanegra asistiu á segunda proba clasificatoria do campionato provincial de atletismo en pista, dado que Hugo Pérez Madarnás, foi baixa de última hora por razóns de saúde.
Non puido ser mellor a súa participación, xa que desta volta quedou 2ª clasificada nos 1000 metros lisos cun tempo de 4´03" , recortando en 12 segundos o seu tempo da anterior marca, que estaba en 4´12"


No tocante aos 60 metros lisos, non tivo tanta sorte, e pese acabar 2ª clasificada na súa serie, resultou 9ª na clasificación xeral