miércoles, 23 de enero de 2008

Fútbol Sala Benxamín: Ferroviario 5 - Escolapios 0

Unha vez máis, os nosos rapaces do equipo benxamín de fútbol sala acudiron sen cambios á súa cita semanal co fútbol sala. Esta vez tocou ir ó campo dos Escolapios, onde demostraron que non precisan de cambios para sacar os partidos adiante.
2 goles de Raúl e 3 de Antonio, supuxeron os 5 goles cos que o Ferroviario rematou o partido.

3ª Xornada Voleibol 26-01-08

Benxamíns

Ferroviario 2 - Colexio Novo 1

Emocionantísimo o encontro que nos deixaron os nosos representantes máis cativos este fin de semana. Despois de gañar un primeiro set sen demasiados problemas, dispuxemos de ata 2 puntos de partido no segundo set para dar por finalizado o encontro. Sen embargo, esta vez os nervos fixeron estragos nos nosos xogadores, e foi preciso xogar un terceiro set para determinar o gañador. Ó final, victoria axustada por 2-1 do Ferroviario Benxamín contra o equipo do Colexio Novo

Alevín Feminino

Ferroviario 1 - Gándara 2

Non foi a sorte quen acompañou ó equipo alevín feminino do Ferroviario este fin de semana, xa que comezamos a liga perdendo o primeiro partido contra o equipo da Gándara. Logo de gañar un primeiro set bastante axustado, o equipo do Ferroviario perdeu o segundo sen amosar un chisco de oposición. Así chegamos o terceiro e derradeiro set, onde a pesar de xogar ó noso mellor nivel, faltounos unha pizca de sorte para poder levarnos o partido. Ó final, 1-2 para a Gándara

Infantil

Ferroviario 0 - Daviña Rei 2

As rapazas do equipo infantil do Ferroviario tiveron que empregarse a fondo para plantar cara a un rival que a priori partía como favorito. A pesar de entraren no campo con bastantes nervios, rapidamente puidemos ver como nesta liga non existen os favoritos, xa que as nosas rapazas puxeron en moitos apuros o equipo do Daviña Rei. En xeral, un gran partido o xogado polo equipo adestrado por Belén, loitando todos os puntos como auténticas campeonas.

domingo, 20 de enero de 2008

Campo a través. Proba Preparatoria Zonal





Andrea retocando a súa vestimenta antes da saída



Saída da categoría benxamín






Hugo chegando á meta de 2º clasificado e Andrea adiantando á rapaza que nese momento marchaba en cabeza para rematar gañando a súa proba




Hugo e Andrea ó rematar a carreira






Marian preparada para a saída




Saída da categoría Alevín Feminino


Marian chegando á meta con moita vantaxe sobre a segunda clasificada








Andrea recollendo a súa medalla



Marian recollendo a súa medalla


Hugo recollendo a súa medalla





FS Alevín: Colexio Novo 5 - Ferroviario 6

Primeira victoria do equipo alevín de fútbol sala no campo do IES Río Cabe. A pesar de ir en todo momento por diante do marcador, os rapaces do Ferroviario tiveron que agardar ata o pitido final para levarse os 3 puntos, nun partido moi rifado e repleto de ocasións para os dous equipos.
Marian, Sergio Traseira, e o benxamín Raúl foron os xogadores máis destacados do partido anotando 2 goles cada un.
Tamén xogaron este partido María Saco, Victor Casanova, Iván López Abella e Adrián González Moure