sábado, 29 de marzo de 2008

FS Cadete: Calasancias 2 - Ferroviario 3

Bo Traballo. Así calificaba o encontro de onte o entrenador do equipo Cadete de fútbol sala.
Os rapaces cadetes do Ferroviario presentaron onte, fronte o equipo das Calasancias a súa mellor cara, e amosaron o porqué seguen a estas alturas na loita polo liderato da táboa clasificatoria.
Dende o primeiro minuto do partido, os xogadores do Ferroviario presionaron arriba ao equipo rival, que practicamente non tivo máis alternativas que mandar balóns longos buscando a velocidade dos xogadores máis adiantados.
Pola contra, nesta ocasión o equipo do Ferroviario amosou o seu mellor nivel de xogo, e pese a non distanciarse no marcador, contou con numerosísimas ocasións de gol, e mesmo un gol marcado por Sanjorge non foi visto polo árbitro e non subio ao marcador.
Fruto das numerosas ocasións, chegaron os goles de César Vila, e os dous de Adrián Carrasco, imposibles de remontar polo equipo rival, que unicamente acosou a portería de Victor Vila nos minutos finais do partido.
Por fin comezan a dar o seu froito as xogadas de estratexia, e as horas de entrenamento están a ser recompensadas con resultados.
Como xogadores máis destacados están Sanjorge, César e Carrasco

Vb Alevín Masculino: Ferroviario 2 - Escolapios B 0

Ata o último partido da temporada tivo que agardar o equipo Alevín Mixto do Ferroviario para asegurar matemáticamente a súa clasificación para o campionato provincial.
Neste partido, que a priori parecía bastante doado de gañar, foi precisa a axuda das xogadoras do equipo benxamín para non perder unha vez máis por incomparecencia. Así, e debido ao retraso dun gran número de xogadores do equipo alevín, o primeiro set foi xogado integramente por xogadoras benxamíns, que non tiveron maiores dificultades para acadar os primeiros 25 puntos do partido.
Xa no segundo set, os xogadores do equipo alevín mixto, saíron máis concentrados que nos partidos anteriores, e tampouco tiveron maiores problemas para sentenciar o partido, e asegurar así o pase ao campionato provincial

Clasificación Voleibol


Clasifícanse para o campionato provincial que se celebrará en Lugo os seguintes equipos:
Benxamín feminino: ESCOLAPIOS
Benxamín mixto: FERROVIARIO
Alevín feminino: FERROVIARIO e COLEXIO NOVO
Alevín mixto:ESCOLAPIOS A e FERROVIARIO