sábado, 23 de febrero de 2008
Vb Cadete: Escairón 2 - Ferroviario 1

Moi mala sorte tiveron as nosas rapazas do equipo cadete no seu enfrontamento contra o equipo de Escairón.
Pese a comezar gañando sen demasiados apuros o primeiro set, chegaron ao final do segundo set igualadas a 23 tantos. É neses momentos onde a sorte pode decidir un encontro, e esta vez non estaba de cara. Dous erros do equipo do Ferroviario forzaron ter que xogar o terceiro e derradeiro set, no que finalmente perderon por 15 tantos a 9.
A continuación, algúns momentos do encontro
Comezo do partido, e primeiros puntos para o Ferroviario
15-10 no primeiro set
Os erros non forzados foron decisivos neste partido
Segundo set: 23-22
Segundo set: 23-23
25-23 no terceiro set
Punto de partido
Vb Alevín Masculino: Escolapios A 2 - Ferroviario 1
Non houbo tanta sorte no segundo partido dos xogadores alevíns masculinos de voleibol, que tras perder contra os Escolapios por 2 a 1, perderon todas as súas opcións de quedar campións.
Comezou moi ben o partido para o equipo do Ferroviario, remontando no primeiro set un 21-16 en contra, e gañando finalmente por 25 a 22.
Tras un segundo set dominado finalmente polo equipo dos Escolapios, os nosos xogadores non foron capaces de superar os nervos no set final, e acabaron perdendo o partido máis por errores propios que por acertos do rival.
Ó final, 2-1 para o equipo dos Escolapios, que se proclama matematicamente campión local alevín de voleibol

Vb Alevín Masculino: Pantón 0 - Ferroviario 2

Primeiro partido da mañá para o equipo mixto alevín do Ferroviario, que tivo que tirar dos xogadores do equipo Benxamín debido a ausencia de Diego Arias e Víctor Casanova.
Tras un primeiro set gañado con facilidade, coa magnífica aportación dos saques de Alejandra Armesto, chegouse a un segundo set no que Adrián Gómez encarrilou 25 saques seguidos, conseguindo ser o xogador máis destacado do partido.
FS Alevín: Calasancias 9 - Ferroviario 5
Nova derrota do equipo alevín de fútbol sala que segue sen atopar o camiño da victoria nesta competición. Nesta ocasión, a axuda dos xogadores do equipo benxamín non foi suficiente para vencer a un equipo das Calasancias moi superior.
O resultado final, un contundente 9 a 5 a favor das Calasancias
O resultado final, un contundente 9 a 5 a favor das Calasancias
viernes, 22 de febrero de 2008
FS Benxamín: Ferroviario 1 - Escolapios 8
Último partido da liga de fútbol sala na categoría benxamín. Pese a chegar á ultima xornada de liga dependendo de sí mesmos para acabar campións de liga, a sorte non acompañou os nosos rapaces nesta ocasión, que perderon por un contundente 1-8 contra o equipo dos Escolapios.
Comezou o partido cun claro dominio do equipo visitante, asediando continuamente a portería de Pablo Da Costa, e marcando 2 goles nos primeiros minutos.
Unha xogada individual de Raúl, supoñía o 1-2, e abría unha porta cara a esperanza, pero finalmente, cun Ferroviario volcado ao ataque, o equipo dos Escolapios sentenciou o partido a base de contrataques.
O resultado final, 1 - 8 a favor dos Escolapios

domingo, 17 de febrero de 2008
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)