Último partido da liga de fútbol sala na categoría benxamín. Pese a chegar á ultima xornada de liga dependendo de sí mesmos para acabar campións de liga, a sorte non acompañou os nosos rapaces nesta ocasión, que perderon por un contundente 1-8 contra o equipo dos Escolapios.
Comezou o partido cun claro dominio do equipo visitante, asediando continuamente a portería de Pablo Da Costa, e marcando 2 goles nos primeiros minutos.
Unha xogada individual de Raúl, supoñía o 1-2, e abría unha porta cara a esperanza, pero finalmente, cun Ferroviario volcado ao ataque, o equipo dos Escolapios sentenciou o partido a base de contrataques.
O resultado final, 1 - 8 a favor dos Escolapios
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario