jueves, 13 de marzo de 2008

Vb Alevín Feminino: Ferroviario 2 - Colexio Novo 0

Agónico.
Así podemos definir o derradeiro encontro xogado polo equipo Alevín Feminino de Voleibol contra o Colexio Novo.
As nosas rapazas, chegaban ao último encontro da competición líderes da táboa clasificatoria, tan só un punto por riba do Colexio Novo, polo que precisaban dunha victoria para asegurar o seu liderato.
Comezou o encontro de forma nefasta para as nosas xogadoras, xa que nos primeiros minutos de patido, xa tiñan un 3-12 en contra que parecía imposible de remontar.
Tras entrar no campo Lucía Piñeiro e Marian, as nosas xogadoras foron asentándose no campo, e de forma case milagrosa deron a volta ao marcador, para rematar gañando o primeiro set por un axustadísimo 25-23.
No segundo set, o equipo do Colexio Novo presentou un cuarteto máis compensado, e gañou sen problemas.
No último set, Marian, Ana Guedella, Sara Armesto e Lucía Piñeiro, souberon estar á altura das circunstancias, e colocáronse por diante no marcador dende o principio,chegando ao ecuador do set cun claro 8-3.
Ao final, os nervos fixeron a súa aparición, xa que o Colexio Novo recuperou o saque co marcador 14-9 a favor do Ferroviario, e sumou puntos ata o 14-13, momento no que as nosas rapazas non deixaron escapar o seu último punto de partido, para proclamarse CAMPIONAS da competición.


Clasificacións Fútbol Sala