Ferroviario 2 - Colexio Novo 1
Emocionantísimo o encontro que nos deixaron os nosos representantes máis cativos este fin de semana. Despois de gañar un primeiro set sen demasiados problemas, dispuxemos de ata 2 puntos de partido no segundo set para dar por finalizado o encontro. Sen embargo, esta vez os nervos fixeron estragos nos nosos xogadores, e foi preciso xogar un terceiro set para determinar o gañador. Ó final, victoria axustada por 2-1 do Ferroviario Benxamín contra o equipo do Colexio Novo
Alevín Feminino
Ferroviario 1 - Gándara 2
Non foi a sorte quen acompañou ó equipo alevín feminino do Ferroviario este fin de semana, xa que comezamos a liga perdendo o primeiro partido contra o equipo da Gándara. Logo de gañar un primeiro set bastante axustado, o equipo do Ferroviario perdeu o segundo sen amosar un chisco de oposición. Así chegamos o terceiro e derradeiro set, onde a pesar de xogar ó noso mellor nivel, faltounos unha pizca de sorte para poder levarnos o partido. Ó final, 1-2 para a Gándara
Infantil
Ferroviario 0 - Daviña Rei 2
As rapazas do equipo infantil do Ferroviario tiveron que empregarse a fondo para plantar cara a un rival que a priori partía como favorito. A pesar de entraren no campo con bastantes nervios, rapidamente puidemos ver como nesta liga non existen os favoritos, xa que as nosas rapazas puxeron en moitos apuros o equipo do Daviña Rei. En xeral, un gran partido o xogado polo equipo adestrado por Belén, loitando todos os puntos como auténticas campeonas.
1 comentario:
Quero animar as rapazas a seguir coa ilusión, coa actitude e coa disciplina que desplegaron no partido..As derrotas tamén nos fan medrar como equipo, adiante rapazas, sodes as mellores! Ferroviario Ooooooeeeeeee!!!!!
Publicar un comentario