Derradeiro partido de liga do equipo cadete de fútbol sala do Colexio Ferroviario disputado no pavillón do Ferroviario a mañá do 17 de maio coa asistencia de 6 aficionados. Arbitraba o encontro o colexiado Omar López Parga do colexio de Monforte.Foi baixa no equipo do Ferroviario Diego Herrero por razóns persoais. O quinteto inicial foi: Victor Vila, Adrián González, César Vila, Francisco Vaz e Adrián Sanjorge.
Pronto se puxeron os locais adiante no luminoso, gracias en parte a un Adrián Sanjorge que amosou no día de hoxe a súa mellor faciana goleadora.
O primeiro gol chegaba das botas do propio Sanjorge, quen remataba maxistralmente un saque de córner botado por González.
Foi tamén González protagonista do segundo gol, no que impuxo a súa fortaleza física rematando de cabeza outro córner, facendo inútil a estirada do arqueiro quirogués.
Xa o terceiro tanto, foi obra de novo de Sanjorge, quen levou con acerto un rápido contraataque iniciado no campo propio, ata que driblou ao porteiro e rematou a placer.
Tras situarse cun cómodo 3-0 a favor, o equipo do Ferroviario relaxouse en demasía, cousa que aproveitaron os quirogueses para acurtar diferencias.
Pese a todo, os de Monforte non lle perderon a cara ao encontro en ningún momento, e o lance convertiuse nun intercambio de ocasións de gol para ambos equipos.
Desta forma, chegaron os seguintes goles. O cuarto foi obra de Francisco Vaz, quen rematou un rechace de Adrián Carrasco, dunha xogada iniciada polo propio Fran.
Andrés Fernández atopouse coa fortuna o aproveitar un rebote dun saque de córner de Adrián González, e finalmente Adrián Sanjorge puxo o séptimo tanto no casilleiro do Ferroviario cunha boa xogada personal.
7-5 era o resultado final ao cabo dos 40 minutos deste encontro, que tiña como aliciente engadido o duelo nos banquillos entre Oscar Figueiras e Andrés Novo, ex-compañeiros de equipo fai dous anos, e que nesta semana xa se viron as caras por tres ocasións.
Con todo esto, remata a temporada para o equipo Cadete do Ferroviario, rematando na táboa clasificatoria no terceiro lugar, por detrás de San Clodio e o propio equipo de Quiroga



4 comentarios:
El fútbol, al igual que une, enfrenta. Y si no, que se lo digan a Andrés Novo y Oscar Figueiras. Los dos ex integrantes del Pub Patio, piezas clave en el Patio de Casti e íntimos amigos, se vieron las caras esta mañana en un duelo marcado por las ausencias. Ambos técnicos dejaron de un lado la amistad que les une para intentar sumar tres puntos vitales para el futuro de sus respectivos equipos.
Al Ferroviario de Oscar le urge la victoria. Después de dos tropiezos consecutivos (un empate contra San Clodio y una derrota contra Quiroga), los monfortinos se encuentran a tan sólo cuatro puntos del cuarto clasificado (el equipo de Calasancias). Un nueva derrota podría dejarles al borde del abismo.
La situación ha puesto en alerta al equipo rojiblanco. El técnico monfortino avisó de “no tener piedad” ante el Quiroga de Andrés. Es por ello que Oscar ha convocado a toda su artillería ofensiva. Carrasco, Roberto, Andrés, Sanjorge, han entrado en la lista aunque sólo fue el último el que ha salido de inicio.
Sin embargo, el preparador monfortino no pudo contar con Diego Herrero. El jugador, habitual en los planes del monfortino, fue baja de última hora debido a problemas intestinales.
Su rival, el Quiroga, ha viajado a Monforte con la intención de continuar con la línea ascendente iniciada en San Clodio. Con el triunfo en el Río Cabe y la victoria ante el Calasancias de hace una semana, la plantilla quiroguesa se aferra a la esperanza para puntuar por primera vez en su historia en el Pavillón do Ferroviario.
Andrés tendrá numerosas bajas, todos ellos debidos a diversas molestias físicas. El técnico holandés sí podrá disponer del defensa Gachán.
Gachán ha superado sus molestias y podría tener minutos en un encuentro de lo más trascendente para ambos equipos
Ferroviario 7 - Quiroga 5
Este foi o suposto partido final (se é que non hai cruces) da traxectoria de futbolistas de segundo ano como Víctor, César, Carrasco, Herrero e Francisco Vaz, algúns deles grandes lendas do conxunto de fútbol sala do Ferroviairo.
Deste xeito, os xogadores dos que dispoñía Óscar intentaron realizar un fermoso partido, xa non só pola satisfacción de vencer senón tamén para poder despedir o fútbol sala do Ferroviario con gran orgullo, e darlle as grazas a tódolos colaboradores neste evento, que fixeron posíbel a realización destes fermosos partidos.
E no tocante ao partido, na miña opinión coido que o Ferroviario dirixido por Óscar fixo un dos mellores partidos da tempada.
O partido foi dominado de principio a fin polo Ferroviario, aínda que o conxunto de Quiroga dirixido por Andrés Nóvoa tamén dispuxo das súas ocasións, e que materializou por cinco veces.
O cinco inicial presentado polo Ferroviario foi: Victor Vila, Adri González, Adri Sanjorge, César Vila e Francisco Vaz.
ARBITRO: Omar López Parga(MONFORTE. Sen complicacións.
INCIDENCIAS: Partido disputado no Pavillon do Colexio Ferroviario (Monforte) cunha decena de espectadores.
PARTIDO:
Comezou o partido totalmente dominado por Ferroviario, cun gol tempranero de Sanjorge, un dos destacados do partido e fixo no cinco de Óscar.
Tras breves minutos, e o partido de cara ao Ferroviario, materializou un córner González, rematando coa testa con gran ímpetu e ganas.
O terceiro dos goles, de novo en breves minutos foi materializado por Sanjorge tras un contraataque.
Xa co 3-0 e no minuto dez aproximadamente, Andrés Nóvoa solicita tempo morto, e parece que os xogadores do Ferroviario comezan este novo periodo do partido un pouco relaxados.
No minuto 14, un balón que ía cara a área de Vila foi rexeitado por González cara a propia porta, o que poñía o 3-1 no electrónico.
Chegamos así ao descanso, con vantaxe de dous goles.
Comezou a segunda metade con gol de Quiroga, acortando distancias.
Pronto reaccionou o conxunto de Óscar tras unha boa xogada rematada por Vaz, que poñia de novo a vantaxe de 4-2 para o equipo local.
A partir de entón, numerosos goles sucederonse en escala e co 7-5, e con minutos finais agónicos, o colexiado López Parga pon no luminoso o pitido final, para dar a victoria para o conxunto do Ferroviario.
Ao remate do partido, os xogadores de Óscar, satisfeitos polo partido, dispuxéronse a dar as mans aos contrarios, pero estes fuxiron con tono severo cara o túnel de vestuarios.
O único que semella que mostrou a súa deportividade foi Andrés Nóvoa, que ao final do encontro saudou ao adestrador local, véndose as facianas por segunda vez en dous dias, xa que o día anterior o duelo entre estes dous heroes do fútbol local fora no terreo de xogo, no que Óscar saiu victorioso, mentres que o día seguinte as facianas retáronse nos banquillos, de novo saindo Óscar victorioso, e saldando a conta o Ferroviario despois do 9-2 contra este mesmo equipo, pero coas baixas de César e Carrasco, pezas claves.
A mala nova do partido foi a lesión de César, un dos heroes do partido, que tivo que ser substituido, xa que tras un brusco choque contra o chan abriu unha gran brecha, que non deixaba de sangrar.
Dende aquí que se mellore esta gran persoa tanto dentro coma fora do terreo de xogo.
E dende aquí, tamén grazas ao Ferroviario de fútbol sala que tantas mañás e tardes de goles deu ao longo deste tempada, e que por suposto mereceu o titulo de liga.
El mejor...Viti Vila sonaba para la euro pero fue desbancado a ultima hora por el guardameta andres palop a pesar d la victoria Viti se fue con lágrimas en los ojos. Se lo merecía.. pero confio y confiamos en que el futbol le de revancha
Comunicado parte de última hora do estado de saúde de Cesar Vila:
Dende aquí quero tranquilizar a toda a numerosa afección que se deu cita no Don Antonio Arena (chamado así en honra do antiguo presidente do club) e que se estremeceron ante a lesión deste xogador. Todo saíu a pedir de boca e xa esta iniciando a rehabilitación despois da operación do ligamento anterior cruzado que o deixara apartado do terreo de xogo durante 0,3 dias máis ou menos.
Moitas grazas a todos polo seu apoio e moi boas noites.
Publicar un comentario