sábado, 15 de diciembre de 2007

FS Alevín: Gándaras 10 - Ferroviario 3

Nunha mañá marcada polo intenso frío, os compoñentes do equipo Alevín de Fútbol Sala visitaban o colexio da Gándara para disputar o encontro correspondente á 2ª xornada da súa liga.
Debido ás ausencias, foi precisa a axuda dalgún xogador do equipo Benxamín para disputar este partido. A boa actuación xeral do equipo non foi suficiente para superar a un equipo da Gándara, moi ben asentado no campo, e que contaba cun xogador Nº9 que marcou a diferencia do encontro en todo momento.
Os xogadores que disputaron o encontro foron os seguintes: Pablo Da Costa, Marian, María Saco, Victor Casanova, Sergio Traseira, Diego Vázquez, Ibán López Abella, Antonio Díaz e Raúl Fernández.
As mellores ocasións de perigo por parte do Colexio Ferroviario estiveron nas botas de Marian e Raúl Fernández, mentres que en defensa, tanto Antonio Díaz coma Sergio Traseira fixeron unha gran labor.
Hai que destacar tamén o papel do porteiro Pablo Da Costa, quen pese a xogar nunha categoría superior, plantoulle cara ós rivais en todo momento.

No hay comentarios: