sábado, 15 de diciembre de 2007

FS Cadete: Ferroviario 6 - Calasancias 4

Emocionante partido o que disputaron esta mañá os xogadores cadetes dos equipos Ferroviario e Calasancias.
Comezaron marcando os xogadores entrenados por Oscar, pero a pesar de ir sempre por riba no marcador, a constante presión dos xogadores do Divina Pastora motivou que non estivera nada decidido ata o pitido final.
Os xogadores do Ferroviario neste partido foron: Victor Vila, González, César, Sanjorge, Herrero (5 inicial), Carrasco, Andrés, Roberto Val e Francisco Vaz.


O xogador máis destacado do Ferroviario foi Adrián Sanjorge, anotando 2 tantos, e levando o peso do equipo en todo momento. En defensa, César Vila e González mostráronse impenetrables.
Nun partido tan inteso, non podía faltar o momento polémico do encontro, cando o árbitro anulou un gol a Diego Herrero aparentemente legal.

Pese a todo, 3 goles de Carrasco, 2 de Sanjorge e 1 de Diego Herrero, bastaron para obteñer os 3 puntos e marchar líderes cara ás vacacións de Nadal.

FS Alevín: Gándaras 10 - Ferroviario 3

Nunha mañá marcada polo intenso frío, os compoñentes do equipo Alevín de Fútbol Sala visitaban o colexio da Gándara para disputar o encontro correspondente á 2ª xornada da súa liga.
Debido ás ausencias, foi precisa a axuda dalgún xogador do equipo Benxamín para disputar este partido. A boa actuación xeral do equipo non foi suficiente para superar a un equipo da Gándara, moi ben asentado no campo, e que contaba cun xogador Nº9 que marcou a diferencia do encontro en todo momento.
Os xogadores que disputaron o encontro foron os seguintes: Pablo Da Costa, Marian, María Saco, Victor Casanova, Sergio Traseira, Diego Vázquez, Ibán López Abella, Antonio Díaz e Raúl Fernández.
As mellores ocasións de perigo por parte do Colexio Ferroviario estiveron nas botas de Marian e Raúl Fernández, mentres que en defensa, tanto Antonio Díaz coma Sergio Traseira fixeron unha gran labor.
Hai que destacar tamén o papel do porteiro Pablo Da Costa, quen pese a xogar nunha categoría superior, plantoulle cara ós rivais en todo momento.

sábado, 8 de diciembre de 2007

Voleibol Femenino: Ferroviario - Calasancias

Un sábado máis, as rapazas dos equipos Infantil e Cadete de Voleibol reuníronse no pavillón do Ferroviario para xogar un partido amistoso contra o equipo Cadete do Divina Pastora. Esta vez, as rapazas dirixidas por Belén non perdoaron ningún set e finalizaron o encontro cun contundente 3 a 0.
As xogadoras máis destacadas do Ferroviario neste día foron Sonia Martínez, quen se fixo a ama e dona da rede, e Rosana, quen sentenciou o partido co seu saque no segundo e no terceiro set.

lunes, 3 de diciembre de 2007

Fútbol Sala - Xornada 3

15/12/2007

Benxamíns (3º e 4º de Primaria)

FERROVIARIO-ESCOLAPIOS ás 12:30 no pavillón do FERROVIARIO (APLAZADO)

Alevíns (5º e 6º de Primaria)

GANDARA-FERROVIARIO ás 10:00 no pavillón da GÁNDARA (10 - 3)

Cadetes (3º e 4º da ESO)

FERROVIARIO-CALASANCIAS ás 11:30 no pavillón do FERROVIARIO (6 - 4)

sábado, 1 de diciembre de 2007

Volei Feminino: Ferroviario - Calasancias

Dado que a competición de voleibol non comeza ata xaneiro, esta mañá xogaron no polideportivo do Ferroviario o segundo partido amistoso de voleibol contra as Calasancias as nosas rapazas do equipo cadete e infantil.
Se ben fai dúas semanas non tiveron maiores problemas para resolver o encontro cun 2-1 a favor do Ferroviario, esta semana tocoulle ó turno as rapazas do Divina Pastora, pois marcharon cun 3-1 ó seu favor. Pese a todo, as rapazas dirixidas por Belén, non perderon o bó ánimo en todo momento, e xa están deseosas de que chegue o seguinte partido.

FS Alevín: Ferroviario 1 - Escairón 8


Non tiveron tanta sorte os nosos rapaces do equipo Alevín, na súa andadura ligueira. Notáronse enormemente as ausencias de Sergio Traseira e Iván López. Tanto que tan só 5 xogadores (María Saco, Marian, Víctor Casanova, Diego Vázquez e Adrián), estiveron disponibles para este partido.
O resultado final, 1 - 8 a favor do equipo de Escairón.

FS Benxamín: A Gándara 4 - Ferroviario 5

Comenzan o mes de decembro os xogadores do equipo Benxamín de Fútbol Sala gañando no pavillón da Gándara e suman así a súa segunda victoria nesta competición.
Pablo Da Costa, Raúl, David Dacal, Carlos Prada, Miguel Vázquez e Antonio (quen confirmou a súa presencia a última hora), foron os rapaces cos que puido contar José Alberto para este partido.

miércoles, 28 de noviembre de 2007

Conmemoración 450 Aniversario do Nacemento de San José de Calasanz

Velaquí están os equipos que representaron o noso colexio no torneo de Fútbol 7 de Conmemoración do 450 Aniversario do Nacemento de San José de Calasanz.

A pesar do intenso frío que fixo nos dous días que durou o torneo, os nosos rapaces non dubidaron en ofrecerse a participar, e alí estiveron todos aportando o seu graniño de area para representar ó noso colexio.



domingo, 25 de noviembre de 2007

FS Benxamín: Ferroviario 6 - Escairón 1

Tamén comezaron a competición as xogadores do equipo Benxamín, que cun contundente 6 a 1, desfixéronse do equipo de Escairón que, con notables ausencias, visitaba o noso colexio.

Pablo Da Costa, Raúl, Antonio, Carlos Prada, Miguel Vázquez e David Dacal, foron os xogadores cos que puido contar José Alberto para este partido.

Raúl con 4 goles en plan estrela e Antonio con 1, foron os goleadores do partido. Tamén hai que destacar as intervencións do porteiro Pablo Da Costa.

FS Cadete: Ferroviario 4 - Río Cabe 4

Primeiro partido de liga do equipo de fútbol sala cadete, no que se notaron as baixas de Rodríguez e Carrasco.

O Ferroviario contou para este partido cos seguintes xogadores:
Victor Vila, Adrián González, César, Diego Herrero, Andrés Fernández (Cinco Inicial), Roberto Val e Francisco Vaz.

Partido igualado no que o Río Cabe soubo aproveitar a súa superioridade física para poñer en apuros aos cadetes, sobre todo na parte final do partido cando a ausencia de cambios se fixo máis evidente.

A pesar dos contratempos, 3 goles de César Vila e un de Diego Herrero, ademais das boas intervencións do porteiro Victor Vila servíronnos para comezar puntuando na liga.