sábado, 17 de mayo de 2008

FS Cadete: Ferroviario 7 - Quiroga 5

Derradeiro partido de liga do equipo cadete de fútbol sala do Colexio Ferroviario disputado no pavillón do Ferroviario a mañá do 17 de maio coa asistencia de 6 aficionados. Arbitraba o encontro o colexiado Omar López Parga do colexio de Monforte.
Foi baixa no equipo do Ferroviario Diego Herrero por razóns persoais. O quinteto inicial foi: Victor Vila, Adrián González, César Vila, Francisco Vaz e Adrián Sanjorge.
Pronto se puxeron os locais adiante no luminoso, gracias en parte a un Adrián Sanjorge que amosou no día de hoxe a súa mellor faciana goleadora.
O primeiro gol chegaba das botas do propio Sanjorge, quen remataba maxistralmente un saque de córner botado por González.
Foi tamén González protagonista do segundo gol, no que impuxo a súa fortaleza física rematando de cabeza outro córner, facendo inútil a estirada do arqueiro quirogués.
Xa o terceiro tanto, foi obra de novo de Sanjorge, quen levou con acerto un rápido contraataque iniciado no campo propio, ata que driblou ao porteiro e rematou a placer.
Tras situarse cun cómodo 3-0 a favor, o equipo do Ferroviario relaxouse en demasía, cousa que aproveitaron os quirogueses para acurtar diferencias.
Pese a todo, os de Monforte non lle perderon a cara ao encontro en ningún momento, e o lance convertiuse nun intercambio de ocasións de gol para ambos equipos.
Desta forma, chegaron os seguintes goles. O cuarto foi obra de Francisco Vaz, quen rematou un rechace de Adrián Carrasco, dunha xogada iniciada polo propio Fran.
Andrés Fernández atopouse coa fortuna o aproveitar un rebote dun saque de córner de Adrián González, e finalmente Adrián Sanjorge puxo o séptimo tanto no casilleiro do Ferroviario cunha boa xogada personal.
7-5 era o resultado final ao cabo dos 40 minutos deste encontro, que tiña como aliciente engadido o duelo nos banquillos entre Oscar Figueiras e Andrés Novo, ex-compañeiros de equipo fai dous anos, e que nesta semana xa se viron as caras por tres ocasións.

Con todo esto, remata a temporada para o equipo Cadete do Ferroviario, rematando na táboa clasificatoria no terceiro lugar, por detrás de San Clodio e o propio equipo de Quiroga



sábado, 10 de mayo de 2008

Atletismo en Pista. Final Provincial

Fenomenal actuación de Hugo Pérez Madarnás na proba final do campionato Provincial de Atletismo en pista, celebrado hoxe en Lugo.

Debido á lesión de Andrea Bocanegra, Hugo Pérez foi o único representante do Colexio Ferroviario nesta proba, e conseguiu unha moi meritoria medalla de bronce na proba de 1000 metros lisos.










Hai que destacar tamén a súa actuación na proba dos 60 metros lisos, na que acabou no quinto posto

Atletismo en pista. II Proba Clasificatoria


Unicamente Andrea Bocanegra asistiu á segunda proba clasificatoria do campionato provincial de atletismo en pista, dado que Hugo Pérez Madarnás, foi baixa de última hora por razóns de saúde.
Non puido ser mellor a súa participación, xa que desta volta quedou 2ª clasificada nos 1000 metros lisos cun tempo de 4´03" , recortando en 12 segundos o seu tempo da anterior marca, que estaba en 4´12"


No tocante aos 60 metros lisos, non tivo tanta sorte, e pese acabar 2ª clasificada na súa serie, resultou 9ª na clasificación xeral

miércoles, 30 de abril de 2008

Maratón do Estudiante



Vídeo sacado do canal de Youtube de jrcasan

sábado, 26 de abril de 2008

FS Cadete: Quiroga 9 - Ferroviario 2

Nun partido marcado polas ausencias de César e Carrasco, o equipo do Ferroviario mostrou a súa faciana máis pobre, e non tivo opción algunha de superar ao equipo de Quiroga, que saldou cun aplastante 9-2 o seu primeiro enfrontamento contra os nosos rapaces.
O equipo de Quiroga, tamén con numerosas ausencias, non se complicou, e basou o seu xogo en ceder o balón ao equipo de Monforte, e aproveitar as numerosas contras de que dispuxeron. Desta forma, o equipo do Ferroviario, non foi capaz de penetrar na sólida defensa local, tocando o balón no campo propio, carente de ideas, e notando en exceso a ausencia de César Vila non só en tarefas defensivas.
Unicamente Adrián Sanjorge en lanzamento de falta, e Roberto Val Da Encarnación aproveitando un despexe do porteiro tras unha gran xogada de Sanjorge, foron capaces de superar ao porteiro local, que practicamente contemplou o partido como un espectador máis.
Pola contra, Victor Vila tivo que entrar en xogo en numeras ocasións, intentando frear aos xogadores rivais que una e outra vez chegaban a súa área libres de marca.
En resumo, un mal partido, que debe servir para mellorar

viernes, 25 de abril de 2008

Campionato Provincial de Voleibol 2008

Equipo Benxamín do Colexio Ferroviario de Monforte
Subcampión Comarcal
Campión Provincial

Xogadores: María, Alejandra, Antía, Andrea, Antonio, Ana, Iago, Antonio, Aroa, María, Sofía
Adestrador: Oscar

























Último punto

















Equipo Alevín Femino do Colexio Ferroviario de Monforte

Campión Comarcal
Campión Provincial


Xogadoras: Naiara, Cris C., Sara, Noelia, Lucía, Sarai, Ana, Cristina R., Marian, Vanesa, Mariña
Adestradores: Noelia, Belén, Oscar e Pablo






















Equipo Alevín Mixto do Colexio Ferroviario de Monforte

Segundo Clasificado no Campionato Comarcal
Terceiro Clasificado no Campionato Provincial

Xogadores: Gómez, Víctor, Marcos, Quique, Javier, Issac, Arias, Vázquez
Adestradores: Pablo e Oscar